Blog

Estreamos Canle De YouTube En Galego

21-11-2018
Desde Clínica Médico Dental Pardiñas publicamos en Youtube vídeos en 3D sobre odontoloxía en lingua galega co propósito de promover a difusión dá nosa cultura e idioma.

Tras o éxito cultivado pola nosa canle de YouTube en 9 idiomas como son o castelán, inglés, francés, portugués, italiano, alemán, ruso, hindi e chinés, desde Clínica Médico Dental Pardiñas decidimos involucrarnos na divulgación da lingua galega publicando os nosos vídeos en galego.

 Imágen da nosa canle de  YouTube

A nosa canle conta con máis de 25 millóns de reproducións e máis de 70 mil subscritores, o que nos sitúa en segundo lugar de entre todas as contas adicadas á saúde dental a escala mundial. Ter espectadores de todos os recunchos do mundo e en tan diversas linguas é un dos nosos máis grandes motivos de orgullo. Estas cifras fannos sentir tan respectados como queridos polo público que os visualizan, así como por tantos e tantos profesionais que nos seguen.

Todos os nosos vídeos foron traducidos e supervisados por filólogos en lingua galega, aportando incluso novos termos científicos en galego que non están recollidos na Real Academia Galega.

O noso obxectivo é que tanto a nosa páxina web como a nosa canle de YouTube sexan un medio de información para o paciente en temas de saúde bucodental.

Por iso, con esta acción confiamos en poder chegar a todos os galegofalantes de calquer parte do mundo, contribuíndo á expansión da cultura galega como o vimos facendo dende hai máis de 30 anos.

Te puede interesar…