Especialidades dentais

Soporte de óso para a colocación de implantes dentais

A importancia do soporte óseo nas rehailitacións con implantes

No mundo moderno cada vez se coida máis a saúde. A saúde bucodental, para a poboación en xeral, é un apartado moi importante que inflúe na súa calidade de vida e hoxe somos moi esixentes co coidado das nosas bocas. Cada vez máis, cando hai perda de pezas dentarias, solicítase a súa rehabilitación con prótesis dentais fixas que sexan funcionais e estéticas. As clásicas próteses removibles xa casi ninguén quere levalas pola súa incomodidade e por ser, moitas veces, antiestéticas.

En moitas ocasións, cando procedemos a rehabilitar unha boca, atopámonos con verdadeiros problemas por falta de óso adecuado. Os ósos dos maxilares son os "cimentos" que nos van a permitir construir a casa sobre eles.

Cando facemos o estudo do caso temos que analizar distintos parámetros, tales como a oclusión (a forma de morder), o estado das enxivas (saber si hai ou non enfermidade periodontal), valorar retraccións, etc. Unha vez estudadas todas estas variables coas súas probas complementarias correspondentes (estudos radiográficos, etc.) hai que tomar o enfoque terapéutico axeitado.

Moitas veces un caso aparentemente sinxelo pode converterse nun caso complexo simplemente porque pode faltar un pouco de óso baixo a enxiva. Supoñamos que un paciente perde un dente central superior por un golpe; se a táboa ósea externa se fractura, cousa que é moi frecuente, e ensina esa zona ao sorrir, non podemos colocar directamente un implante. Neste caso, antes de insertar o implante ou no mesmo acto, teremos que facer unha rexeneración ósea desa zona e manexar os tecidos brandos adecuadamente para cubrir os defectos existentes.

É frecuente tamén que, nos sectores posteriores do maxilar superior, os seos paranasales (cavidades ocas óseas a ambos os dous lados do nariz) baixen moito (se pneumaticen), casi até o bordo do maxilar, e non nos quede altura ósea axeitada para colocar os implantes. Neste caso haberá que gañar óso en altura a ese nivel facendo unha elevación do seo maxilar (sinus lift), unha técnica que a día de hoxe se considera rutinaria.

Por suposto, a enfermidade periodontal crónica do adulto (piorrea) é a principal causa de perda ósea ao redor dos dentes. En ocasións a atrofia ósea é tal que pode ser moi difícil unha rehabilitación con implantes sen facer enxertos óseos en bloques previos.

Outras especialidades

Implantes dentais 

Ortodoncia

Enfermidades das enxivas

Ciruxía Oral

Próteses dentais

Estética dental

Endodoncia

Odontopediatría

Disfunción temporomandibular

Roncopatía e apnea do sono

Sedación

Estética facial

Consideracións bucodentais