Blog

A Importancia Dos Dentes Na Evolución Da Especie Humana

02-07-2014
Un depósito arqueolóxico recente demostrou que na evolución da especie humana veu antes o desenvolvemento dos dentes que o do cerebro.
Craneo Atapuerca

A Sima dos Ósos, na Serra de Atapuerca (Burgos), segue sendo o principal depósito paleontolóxico na actualidade. Recentemente, este lugar volveu ser noticia porque se encontraron nel 17 cranios e preto de 6500 fósiles con máis de 430 mil anos de antigüidade.

Os homes que habitaron nesa zona fixérono durante o comezo da evolución neandertal, sendo esta raza a predecesora ao Homo sapiens, a especie humana actual. A análise exhaustiva dos restos encontrados determinou que os primeiros cambios evolutivos desta especie se produciron nos dentes, na mandíbula e na cara, mentres que a forma do cranio tardo máis tempo en cambiar. Todas estas modificacións estaban ligadas a favorecer o proceso de mastigar. Un exemplo máis da importancia dos dentes na evolución do ser humano.

Esta noticia foi extraida da súa publicación orixinal na revista Science (en inglés).

Te puede interesar…

Estreamos Canle De YouTube En Galego

Estreamos Canle De YouTube En Galego

Desde Clínica Médico Dental Pardiñas publicamos en Youtube vídeos en 3D sobre odontoloxía en lingua galega co propósito de promover a difusión dá nosa cultura e idioma.

ler máis