Blog

O Peixe Que Podía Sorrir

08-10-2014
Capturado en Rusia un estraño peixe cunha dentadura parecida á dun ser humano
Capturado en Rusia un estraño peixe cunha dentadura parecida á dun ser humano

Aleks Korobov, un pescador ata agora anónimo da rexión rusa de Arkhangelsk (Arcanxo), saltou aos medios tras capturar un estraño peixe cunha dentadura moi parecida á dun ser humano. Sorprendido polo descubrimento, Aleks decidiu compartir o seu achado no Instituto de Pesca e Oceanografía, onde a informaron de que probablemente pertencese á familia de pirañas.

A pregunta agora é como un peixe propio de augas tropicais acabou nadando ás súas anchas polas frías augas do ártico. Todo parece indicar que un coleccionista se cansou da súa nova adquisición e rematou por liberalo naquel lugar. Sexa como sexa, está claro que a historia deste sorrinte peixe merece ser contada.

Te puede interesar…

Estreamos Canle De YouTube En Galego

Estreamos Canle De YouTube En Galego

Desde Clínica Médico Dental Pardiñas publicamos en Youtube vídeos en 3D sobre odontoloxía en lingua galega co propósito de promover a difusión dá nosa cultura e idioma.

ler máis